6/5/13

AS CLARISAS DE MONFORTE DE LEMOS.

Onte, mércores pola tarde fomos a unha excursión que era obligatoria para realizar unhas fotos e vídeos para un traballo de matemáticas, pero ó final choveunos a chuzos e non puidemos practicamente fotografar ningunha foto nin nada, pero aproveitamos a tarde xa que non se podía facer nada para ir ao Convento das Clarisas de Monforte de Lemos.
Saímos do instituto e fumos fotografando a ponte de madeira e pouco máis, e logo xa chegamos ao museo.
Ó falar deste museo temos que falar de que é un espléndido museo de arte sacra, o segundo máis importante en todo a país, despois dun de Madrid; este museo alberga moitas marabillas que son interesantes para ver.
Desde a fundación deste mosteiro foi destinado para a enfermaría da comunidade de relixiosas que vivían nel, xa que pudimos observar que aínda permanecían as antigas habitacións.
O museo alberga unha importante colección de arte sacra que ten o seu xerme nos obxectos procedentes dos fundadores ós que se engaderían outros doados pola Condesa de Lemos.
Hai catro salas do museo de exposición, e nelas hai ourivería, pintura, escultura, relicarios e ornamentos litúrxicos.Entre as pezas máis destacadas están as esculturas de Gregorio Fernández, como é o caso do Cristo xacente, que foi a escultura que máis me gustou.
Tamén teñen gran relevancia os relicarios que conteñen reliquias recollidas polos Condes de moi diversas persoas.Algúns destes reliquiarios viñeron de Italia e outros son castellanos.
Para finalizar ó primeiro eu pensaba que non me ía ter grande interese esta excursión pero ó final non resultou tan aburrida e ademais tendo esta xoia tan preto o menos que se pode facer é visitalo.
Recoméndolle a tódolos futuros visitantes que non esquezan ver este museo.


SANDRA QUIROGA FERNÁNDEZ.                                    3 ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.