21/5/13

MONFORTE Y LA LITERATURA BARROCA

El poeta Luis de Góngora dedicó en el siglo XVII un soneto a Monforte de Lemos.
Aquí os dejamos una imagen de Góngora y su poema:



AL CONDE DE LEMUS, YÉNDOLE A VISITAR A MONFORTE

Llegué a este Monte fuerte, coronado
De torres convecinas a los cielos,
Cuna siempre real de tus abuelos,
Del Reino escudo, y silla de su estado.

El templo vi a Minerva dedicado,
De cuyos geométricos modelos,
Si todo lo moderno tiene celos,
Tuviera invidia todo lo pasado.

Sacra erección de príncipe glorios
Que ya de mejor púrpura vestido
Rayos ciñe de luz, estrellas pisa.

¡Oh, cuánto deste monte imperioso
Descubro! Un mundo veo. Poco ha sido,
Que seis orbes se ven en tu divisa.

6/5/13

AS CLARISAS DE MONFORTE DE LEMOS.

Onte, mércores pola tarde fomos a unha excursión que era obligatoria para realizar unhas fotos e vídeos para un traballo de matemáticas, pero ó final choveunos a chuzos e non puidemos practicamente fotografar ningunha foto nin nada, pero aproveitamos a tarde xa que non se podía facer nada para ir ao Convento das Clarisas de Monforte de Lemos.
Saímos do instituto e fumos fotografando a ponte de madeira e pouco máis, e logo xa chegamos ao museo.
Ó falar deste museo temos que falar de que é un espléndido museo de arte sacra, o segundo máis importante en todo a país, despois dun de Madrid; este museo alberga moitas marabillas que son interesantes para ver.
Desde a fundación deste mosteiro foi destinado para a enfermaría da comunidade de relixiosas que vivían nel, xa que pudimos observar que aínda permanecían as antigas habitacións.
O museo alberga unha importante colección de arte sacra que ten o seu xerme nos obxectos procedentes dos fundadores ós que se engaderían outros doados pola Condesa de Lemos.
Hai catro salas do museo de exposición, e nelas hai ourivería, pintura, escultura, relicarios e ornamentos litúrxicos.Entre as pezas máis destacadas están as esculturas de Gregorio Fernández, como é o caso do Cristo xacente, que foi a escultura que máis me gustou.
Tamén teñen gran relevancia os relicarios que conteñen reliquias recollidas polos Condes de moi diversas persoas.Algúns destes reliquiarios viñeron de Italia e outros son castellanos.
Para finalizar ó primeiro eu pensaba que non me ía ter grande interese esta excursión pero ó final non resultou tan aburrida e ademais tendo esta xoia tan preto o menos que se pode facer é visitalo.
Recoméndolle a tódolos futuros visitantes que non esquezan ver este museo.


SANDRA QUIROGA FERNÁNDEZ.                                    3 ESO.

2/5/13

Lemas 4º de ESO

  • En Monforte valo pasar de morte,sorte!
  • En Monforte cousas boas, para que veñas e volvas.
  • Monforte, cidade de cidades.
  • Monforte, a flor do norte.
  • Se ves a Monforte quedarás sorprendido.
  • Se queres pasear, por Monforte has de andar.
  • Se queres pasalo de morte, achégate ata Monforte.
  • En Monforte proponte a ter unha vida do norte.
  • Non esperes á morte e ven a Monforte.
  • En Monforte onde estás alegre.
  • En Monforte, sexas español ou de calquera parte do mundo enteiro, ven coñecer o noso val e o castelo.
  • Boa xente, boa comida, que lugar mellor para disfrutar da vida.
  • Monforte, mar de norte e forte de murallas.
  • En Monforte telo todo.
  • Monforte está moi forte.
  • Se vives en Monforte non perderas o norte.
  • Monforte e a súa cultura,un cachiño de literatura.
  • Dende o sur ao norte todos falan de Monforte.
  • Monforte en calquer estación e digno de admiración.
  • En Monforte has ter sorte.
  • Se tes sorte quizais vivas en Monforte.
  • Monforte o centro de Galicia .


Lemas 3º de ESO A

  • Monforte corazón de Galiza.
  • Non pode chegar o día da túa morte sen que visites Monforte!
  • Monforte o centro do noso mundo únete.
  • Monforte onde os soños se fan realidade.
  • Se tes sorte viaxa a Monforte.
  • Terra de Lemos, a mellor Terra!
  • Vente a Monforte e cun pouco de sorte faraste forte.
  • A fortaleza dos Monfortinos é o seu Monte-Forte.
  • Monforte unha cidade pequena pero de grandes corazóns.
  • Monforte unha fermosa cidade para facer deporte.
  • Monte-Forte lugar de lendas.
  • Monforte é cultura únete a ela.
  • Monforte Terra de Lemos!
  • Vivamos Monforte!
  • Disfruta, sente, vive Monforte.
  • Na comarca de Lemos hai vellos e nenos.
  • No mundo non hai mellor comarca xa que esta deixa marca.